Máis de 400 estudantes daranse cita para a función 'My Funny Frankenstein'

A obra de teatro para escolares en inglés 'My Funny Frankenstein', de Face2Face Company, presentrase na Sede Afundación A Coruña este 30 de xaneiro. A obra de teatro está dirixida a alumnado de 5.º e 6.º de primaria e haberá dúas funcións ás 10.00 e ás 12.00 horas. Asistirán máis de 400 estudantes procedentes de 8 centros escolares da Coruña e os seus arredores.
En 'My Funny Frankenstein', a doutora Frankenstein está a preparar unha festa para
revelar a súa creación máis recente: un monstro formado a partir de partes de corpos
humanos. Convidou criaturas horribles de todos os recunchos: zombis, vampiros,
esqueletos e pantasmas. Con todo, cando tenta dar vida ao monstro cunha descarga
eléctrica, os resultados non saen como esperaba…
Unha divertida e musical versión renovada do clásico de terror de Mary Shelley, que explora temas actuais como a igualdade de xénero e o respecto á diversidade. Unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.