Máis de 300 nenos e nenas participan na X MiniBTT no Pasatempo de Betanzos

ACoruñaXa
Os máis pequenos citáronse nun circuíto deseñado para fomentar o deporte entre a mocidade
betanzos-btt
4 Aug 2025

O Parque do Pasatempo volveu ser o epicentro do ciclismo infantil en Galicia coa celebración da décima edición da MiniBTT, organizada polo Club BTT Caimanes Betanzos. Máis de 300 nenos e nenas procedentes de distintos puntos do país déronse cita nun circuíto deseñado para fomentar o deporte entre a mocidade e consolidar unha proba que xa é un referente na comarca.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, participaron na entrega de trofeos e aproveitaron a ocasión para felicitar ao club organizador “polo éxito de participación e preparación da proba”.

O evento contou cunha ampla colaboración do Concello de Betanzos, que apoiou a loxística e organización da competición e, nesta edición especial, incluíu tamén unha festa da escuma como fin de festa para poñer o broche lúdico a unha xornada deportiva e familiar.

A MiniBTT de Betanzos consolídase así como unha cita imprescindible no calendario galego do ciclismo base, promovendo hábitos saudables e o contacto coa natureza entre os máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.18940305709839