Máis de 300 ciclistas daranse cita na Copa España Féminas da Comarca Brigantina 2025

ACoruñaXa
Unha proba, organizada polo Concello de Betanzos e o Club Ciclista Betanzos, que percorrerá tamén Bergondo e Paderne
ciclismo-betanzos
21 Mar 2025

O Concello de Betanzos e o Club Ciclista Betanzos organizan a Copa España Féminas da Comarca Brigantina 2025, unha competición de alto nivel que reunirá a máis de 300 ciclistas o vindeiro 29 de marzo.

A proba percorrerá os concellos de Betanzos, Bergondo e Paderne, con saída e meta na cidade brigantina, convertendo a comarca nun referente do ciclismo feminino. O evento será unha oportunidade única para que veciños e visitantes gocen dunha competición de prestixio e animen ás deportistas nun trazado esixente e espectacular.

A presentación oficial contou coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral; o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda; o presidente do Club Ciclista Betanzos, Alberto Ballester; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o xefe de Servizo de Deportes da provincia da Coruña da Xunta de Galicia, Roberto García Fernández; así como membros directivos e colaboradores do CCB, patrocinadores privados e representantes do Concello de Bergondo.

A celebración desta proba reflicte o compromiso de Betanzos co deporte e coa promoción do ciclismo feminino, consolidando a comarca como un escenario privilexiado para grandes eventos deportivos.

⚙ Configurar cookies
0.05086612701416