Máis de 3.700 alumnos examinaranse da ABAU na Coruña e Ferrol a partir do martes

ACoruñaXa
A proba iniciarase o próximo día 4 de xuño ás 10,00 horas co exame de Lingua Galega e Literatura e rematará o 6 de xuño
Imaxe dunha facultade da UDC
31 May 2024

Un total de 3.700 estudantes realizarán desde o próximo martes día 4 de xuño, ata o xoves, día 6, as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), en diferentes centros da Universidade da Coruña.

Na Coruña estarán habilitados para estes exames un total de 5 centros. No Campus de Elviña, será a ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos (Comisión Delegada número 7); a Facultade de Informática (Comisión 8); e a Facultade de Economía e Empresa (Comisión 10). No Campus da Zapateira, pola súa banda, haberá dúas localizacións: a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (Comisión 11); e a Facultade de Filoloxía (Comisión Delegada 12).

No Campus de Ferrol, o alumnado distribuirase entre a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (Comisión 13), e a Facultade de Humanidades e Documentación (Comisión Delegada 14).
En ambos os dous campus están habilitadas comisións para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). No caso do campus coruñés, unha adscrita á Facultade de Economía e Empresa e no de Ferrol outra á Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.

O vindeiro día 13 de xuño publicaranse na páxina web da CIUG as cualificacións provisionais das probas e as definitivas estarán o día 20. Toda a información de horarios e protocolos está recollida na seguinte páxina web.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17066407203674