Máis de 250 deportistas participarán este domingo no XII Trail e Andaina de Orientación en Culleredo

Culleredo volverá converterse este domingo, 21 de decembro, nun punto de referencia para o deporte ao aire libre coa celebración do XII Trail e Andaina de Orientación, unha cita organizada por Gallaecia Raid que conta coa colaboración do Concello.
A competición reunirá a máis de 250 participantes e dará comezo ás 10.00 horas en Ledoño. O evento inclúe dúas distancias de trail, pensadas para distintos niveis de esixencia, ademais dunha andaina orientada a quen prefira unha participación máis popular e accesible.
Desde a organización destacan o carácter deportivo e de convivencia desta proba, que combina actividade física e orientación nun percorrido polo entorno natural do municipio.