Máis de 1.300 persoas participan na romaría comarcal de Alternativa dos Veciños en Oleiros

ACoruñaXa
A xornada contou cun marcado carácter festivo e con actividades abertas a todas as idades
alternativ-oleiros
13 Jul 2025

A Finca Tenreiro de San Pedro de Nós acolleu a tradicional romaría comarcal de Alternativa dos Veciños, unha cita festiva que reuniu a máis de 1.300 persoas nun ambiente de convivencia, música e participación cidadá.

Durante o encontro, o presidente da formación, Ángel García Seoane, dirixiuse ás persoas asistentes para agradecer a súa implicación e respaldo: "Grazas pola vosa participación na romaría e polo apoio e confianza, imprescindible para seguir gobernando Oleiros pola senda do progreso e para facer de Alternativa a cuarta forza política de Galicia a nivel municipal".

Alternativa dos Veciños consolidouse nesta lexislatura como unha forza con representación en oito concellos galegos, un feito que tamén foi posto en valor durante a xornada. A cita serviu non só como espazo lúdico e de confraternidade, senón tamén como mostra do apoio veciñal ao proxecto político que lidera García Seoane.

A xornada contou cun marcado carácter festivo, con actividades abertas a todas as idades e unha elevada participación, nun dos encontros máis multitudinarios organizados pola formación nos últimos anos.

⚙ Configurar cookies
0.16151189804077