Maika Makovski actuará no Teatro Colón como parte do ciclo 'Elas son Artistas'

ACoruñaXa
En abril tamén actuarán a venezolana Georgina, na Sala Mardi Gras, dentro da Festa de presentación desta sétima edición, e a arxentina GUADA, no Auditorio da Fábrica, no Concello de Oleiros
Imaxe da cantante Maika Makovski
26 Mar 2024

A sétima edición do aclamado Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, 'Elas Son Artistas', prepárase para cegar cunha programación excepcional á cidade da Coruña na que destaca o talento feminino na escena cultural.

Este evento anual, recoñecido polo seu compromiso coa diversidade e a equidade nas industrias culturais e homenaxear á mulleres creadoras, regresa con máis forza que nunca para celebrar e promover a creatividade das mulleres artistas pola área metropolitana da Coruña.

Así, dende o 18 de abril, o Teatro Colón da Coruña será testemuña do maxistral concerto inaugural de Maika Makovski, unha figura destacada no panorama musical contemporáneo, Artista multidisciplinar onde as haxa, o seu talento musical, a súa multitude de influencias e a urxencia da súa constante procura de espírito fai dela un nome verdadeiramente único na escena actual..

Georgina, a talentosa cantautora venezolana, ofrecerá unha actuación íntima o 11 de abril na Sala Mardi Gras, sendo esta data a Festa de presentación da sétima edición, onde os asistentes terán a oportunidade de participar en sorteos de entradas e poxa de obxectos artísticos exclusivos do ciclo.

A programación este mes de abril concluirá o día 27 no Auditorio da Fábrica do Concello de Oleiros con GUADA, quen presentará en exclusiva en Galicia o seu último disco 'Cuero', nun evento que promete ser inesquecible xa que a artista arxentina combinará a súa facción máis cancionista cunha parte dedicada a este último cancioneiro, máis performático e animal. As entradas poden adquirirse o mesmo día do evento na taquilla do Auditorio da Fábrica.

O Ciclo 'Elas Son Artistas' gañouse recoñecemento polo seu compromiso coa diversidade e a equidade nas industrias culturais. Durante varios meses do 2024 ofrecerá unha experiencia cultural enriquecedora que abarcará música en vivo, exposición, poesía, teatro, humor, obradoiros creativos, entre outras disciplinas artísticas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18131899833679