Lucas Yáñez coróase campión do mundo júnior en patinaxe artístico

O patinador Lucas Yáñez, do CP Oleiros , converteuse en protagonista absoluto do Campionato do Mundo de patinaxe artístico celebrado en Asunción (Paraguai) ao proclamarse campión do mundo na categoría júnior. Con só un ano de experiencia nesta división, o galego fixo historia ao impoñerse con rotundidade sobre os seus rivais e situarse xa como unha das grandes promesas internacionais da disciplina.
Yáñez asinou unha competición impecable: acadou o primeiro posto tanto no programa curto como no longo, sumando un total de 215,66 puntos. O seu patinaxe, marcado pola precisión técnica e a expresividade artística, conquistou ao xurado e deixou clara a súa evolución meteórica.
Este triunfo non só supón o seu primeiro título mundial, senón tamén un fito para o patinaxe galego e español, que continúa sumando éxitos a nivel internacional. A súa vitoria consolida o traballo de anos de preparación e de compromiso cun deporte que gaña cada vez máis seguidores.
O propio resultado cobra máis valor ao tratarse do debut de Yáñez na categoría júnior, onde non lle pesou a presión nin o feito de competir contra rivais máis experimentados. A súa capacidade para manter a concentración e destacar en ambas as probas é un reflexo da súa madurez deportiva malia a súa curta traxectoria.
Con este ouro mundial, Lucas Yáñez sitúase como referencia dunha nova xeración de patinadores que está a situar a España na elite mundial deste deporte.