Lorbé, en Oleiros, celebra as súas patronais desde o xoves

A localidade de Lorbé, en Oleiros, celebra as súas festas do Carmen do xoves 1 de agosto a o domingo 4.
O programa dará comezo o xoves, ás 19.00 horas, coa sexta edición da festa da Navalla e da Sidra e, logo pola noite, terá lugar unha verbena coa orquestra Olympus como acompañamento.
O venres comezarase á mesma hora coa terceira edición da Festa da cigala e da Cervexa e ás 22.30, a orquestra Capitol encargarase da gran verbena.
Ás 17.30 do sábado será a saída da Virxe desde a Capela en procesión, acompañada polo grupo de gaitas A Marola e, á súa chegada, haberá misa solemne e procesión. Ás 19.00 será a Festa do Polbo e, pola noite, verbena con Los Satélites.
O domingo, a saída da Virxe será ás 12.00 na sesión vermú, onde haberá callos, estará o grupo Pekados como protagonista, ao igual que na verbena das 22.30 horas. A media tarde, terá lugar a XXXII Festa do Meixillón.