Lles Coruña organiza este mércores un recital de poesía e unha cata de viños
Este mércores 27 de marzo celébrase a seguinte sesión do encontro Art Coruña que traerá á cidade da Coruña unha programación cultural diversa da man do grupo Ouriol de poesía e unha cata de viños elaborados por mulleres.
Neste sentido, mañá a partir das 20.00 horas o Círculo de Artesáns continúan cos Encontros Art Coruña, un programa organizado pola Asociación Lles Coruña e o Concello da Coruña que durante todo o mes de marzo veñen ofrecendo actividades protagonizadas por mulleres en distintas facetas (artistas, poetas, emprendedoras...).
Así, este mércores terá lugar o recital poético do Grupo Ouriol (formado por Bernardo Martínez, Fito Ares, Alfonso Costa e Eva Veiga), a proxección de obra de Alfonso Costa e unha nova cata de Vinotetas: Dionisias Galaicas, guiada por Mercedes Touzón, na que se probará Adega Xulia Bande (DO Ribeiro e propiedade de Xulia Mar Bande Pivida).