Leticia Sabater actuará en Ordes no luns de Entroido nunha festa en carpa climatizada

O Entroido de Ordes suma unha das súas noites máis esperadas cunha festa musical que terá como cabeza de cartel a artista Leticia Sabater. A actuación está prevista para o luns 16 de febreiro, ás 22.30 h, no Campo da Feira, onde se instalará unha carpa climatizada para acoller o evento.
A proposta da A Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes complétase coa presenza de Unión y Fuerza e da disco móbil CDC, que se encargarán de alongar a noite cun formato máis verbeneiro. Desde a organización animan a veciñanza a participar nunha cita pensada para bailar e celebrar o Entroido ata ben entrada a madrugada.
Ademáis, o concello marcou ese día como festivo local, co que buscan que gran parte da veciñanza participe na proposta.