Lara Fernández acada o ouro galego en parellas cadetes na resistencia de Vilagarcía

ACoruñaXa
A ciclista de Cambre proclamouse campioa autonómica xunto a Carla Hermida no Campionato de Galicia de BTT Resistencia, unha cita que reuniu preto de 300 participantes no circuíto do monte Xiabre
CAMBRE club ciclista lara
Imaxe do Club Ciclista Cambre
18 Feb 2026

Lara Fernández pechou a fin de semana do Entroido cun dos resultados máis destacados da tempada para o ciclismo base de Cambre. A corredora proclamouse campioa de Galicia na categoría de parellas cadetes femininas no Campionato de Galicia de BTT Resistencia disputado en Vilagarcía de Arousa, formando tándem con Carla Hermida.

A proba (a terceira edición da 3H Resistencia Vilagarcía) desenvolveuse nun trazado esixente nas ladeiras do monte Xiabre, condicionado pola humidade e con tramos de barro, nunha xornada que a organización arroupou con ambiente festivo e actividades paralelas.

O triunfo de Fernández chegou no marco dunha competición na que os equipos, por parellas, buscan manter a regularidade ao longo do tempo de carreira para sumar o maior número de voltas posible. A presenza do club foi ampla e, ademais do ouro cadete feminino, tamén destacou o segundo posto de Vega Aldrey e Héctor Rodríguez na categoría de parellas mixtas.

⚙ Configurar cookies
0.086751937866211