Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops estarán no Atlantic Pride 2025

ACoruñaXa
Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, este festival celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo
ATLANTIC-PRIDE-25
5 Feb 2025

Os primeiros nomes confirmados que formarán parte do cartel do Atlantic Pride 2025 na súa 6ª edición, corresponden a cinco mulleres. Concretamente son cinco grandes divas do pop español: Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán A Coruña de cor e diversión cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións.

Son as primeiras artistas que se confirman, pero chegarán moitas máis. O público poderá gozar de cada unha delas entre o xoves 10 de xullo e o sábado 12 nos Xardíns de Méndez Núñez. A programación pode consultarse nesta ligazón.

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña e conta co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Así, no Atlantic Pride 2025 non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBI+, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación.

 

 

0.15348100662231