Jorge Álvarez Mosteiro, campión de dobres nun Torneo Tennis Europe en Sanxenxo

ACoruñaXa
O xogador de Oleiros ergue o título en Sanxenxo e consolida a súa progresión na categoría cadete
OLEIROS jorge tenis
29 Oct 2025

O tenista oleirense Jorge Álvarez Mosteiro proclamouse campión de dobres no 17º Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo – Fuente Liviana, proba do Tennis Europe Junior Tour (U16). Xunto ao portugués Duarte Santa María, impúxose na final a Julen González e Sergio Prádanos por 6-1 e 6-3 nas pistas do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.

O éxito supón un novo impulso para a súa traxectoria formativa, con puntos valiosos no circuíto internacional cadete e proxección para vindeiras citas. Ademais, súmase á boa tempada de Álvarez Mosteiro, que xa fora campión cadete do AS Young Tour by IBP disputado no Club de Tenis Coruña o pasado mes de agosto. O Concello de Oleiros felicitou o deportista polo título e polo seu papel como embaixador do deporte de base do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.089129209518433