Javi Maneiro, vocalista de Heredeiros da Crus, actuará na Coruña coa súa nova xira

ACoruñaXa
O vocalista de Herdeiros da Crus, Javi Maneiro, iniciará no mes de febreiro a xira de presentación do seu último traballo discográfico, 'Un bonito despertar', que o levará a teatros e salas de concertos de Galicia, entre eles o Playa Club de A Coruña o 17 de febreiro.
maneiro_1
18 Xan 2024

O vocalista de Herdeiros da Crus, Javi Maneiro, iniciará no mes de febreiro a xira de presentación do seu último traballo discográfico, 'Un bonito despertar', que o levará a teatros e salas de concertos de Galicia, entre eles o Playa Club de A Coruña o 17 de febreiro. Maneiro dará así a coñecer o seu cuarto disco, publicado a pasada primavera e que agora por fin poderá compartir ao vivo, plenamente, co público galego.

O cantante e compositor galego móstrase “moi ilusionado” por comezar esta serie de directos polas catro provincias logo da presentación oficial que tivo lugar, o pasado mes de xuño, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Agora, o cantante poderá compartir e desfrutar co seu público os temas do seu cuarto disco, no que asume tanto a autoría da música coma das letras. Sobre o escenario, Maneiro acompañarase dun equipo de dez formado por Manu Rey na batería, Pachi Cruz no baixo, Rubén Cores e Fernando Calvo coas guitarras e Iria Iglesias diante dos teclados. As entradas para da xira teñen un custe de 10 euros, máis gastos de xestión, e pódense adquirir dende a plataforma enterticket.

A xira 'Un bonito despertar' consistirá en catro fins de semana nos que Maneiro visitará sete localidades galegas. Dando comezo o 3 de febreiro en Boiro e continuando o domingo 4 en Ourense. Tras un parón polo Entroido, presentaranse no Playa Club de A Coruña o sábado 17, mentres que na Sala Jagger de Lugo o directo terá lugar o domingo 18. Xa de cara á fin de semana seguinte, o sábado 24 actuará no Master Club de Vigo e no Centro Torrente Ballester de Ferrol o domingo 25. Finalmente, a xira de inverno pecharase o sábado 2 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra.

 

0.17994809150696