Jacobo, da Escola Estratéxica de Xadrez: "En Coruña xogan máis avoas ao xadrez ca avós"

ACoruñaXa
"Coa chegada da Internet a perspectiva do xadrez cambiou moito. Antes, xogar ao xadrez implicaba ir fisicamente a algún lugar, pero grazas a Internet, iso xa non é necesario", sinala o docente
Jacobo Caselas é o único coruñés co titulo de Mestre Internacional de Xadrez na Coruña
15 Abr 2024

Miriam García

Jacobo Caselas leva dende os 12 anos dedicándose a súa paixón: o xadrez. Na actualidade, é o único coruñés que ostenta o título de Mestre Internacional de Xadrez e adestrador FIDE. De feito, polas súas mans pasou a xadrecista campioa de España, Moira Rodríguez, e é o director da Escola Estratéxica de Xadrez da Coruña, un dos seus proxectos máis ambiciosos. Conversamos con el sobre a labor da escola, o enfoque educativo do xadrez e a situación deste deporte na cidade.

-Que é a Escola Técnica de Xadrez da Coruña?

É unha escola de xadrez para nenos e adultos, onde lle outorgamos unha dimensión educativa ao xadrez sen esquecer o seu aspecto lúdico. Ensinamos estratexias básicas aos nenos a partir dos 6 anos e tamén ofrecemos clases de perfeccionamento tanto para adultos como para persoas da terceira idade.

Poderíase dicir que é o lugar ideal para os amantes do xadrez. Ademais, axudamos a quen desexe iniciarse na competición cos Campionatos Escolares e na Liga de Xadrez, que é autonómica e por equipos. Actualmente mantemos dous equipos na segunda e na terceira división. Tamén, realizamos Campionatos internos ao longo do ano, entre a xente da escola.

-Como nace?

A idea da escola naceu no 1993 cando un grupo de amigos quixemos constituír un club para xogar a liga de xadrez. Daquela dábanse esporadicamente clases de xadrez e se facía algunha colaboración co Concello da Coruña. Sen embargo, a escola como tal non naceu ata o 2012.

-Como é o público da escola?

As clases están organizadas por niveis. Principalmente temos rapaces de entre 6 e 18 anos, público adulto e xubilados. É certo que hai moitos máis nenos ca nenas, pero están aumentando en número, rompendo pouco a pouco coa tendencia masculina no xadrez. Curiosamente, na sección de terceira idade, o número de mulleres gañan por goleada ao de homes.

-Cantos alumnos tedes?

Agora mesmo temos sobre uns 40 alumnos e alumnas.

-Como percibes que evolucionou a forma de aprender a xogar ao xadrez con respecto a cando o fixeches ti?

Pasouse dun xadrez competitivo ao xadrez educativo. Eu formei parte do entorno de xadrez competitivo no que o obxectivo era crear a un campión, hoxe ese obxectivo mudou. Na escola de xadrez, o obxectivo é que todos os estudantes aprendan un mínimo de xadrez; logo, se algún se destaca, poténciase, pero a finalidade é máis educativa.

De feito, hai uns anos no Parlamento Europeo xurdiu unha iniciativa para potenciar un xadrez educativo e é precisamente nos colexios onde triunfa máis este tipo de xadrez e se emprega como un medio transversal para formar aos alumnos. Digamos que se colle a parte máis beneficiosa do xadrez e se potencia. A finalidade non é crear un campión, senón brindar máis ferramentas educativas.

-Como mudou o paradigma Internet?

A perspectiva cambiou moito coa chegada de Internet. Antes, xogar ao xadrez implicaba ir fisicamente a algún lugar, pero grazas a Internet, iso xa non é necesario. Hoxe en día hai moitos sitios web para xogar adaptados a todos os niveis, e onde se poden ver vídeos de partidas. Isto nótase especialmente porque antes moitos nenos demandaban clases de iniciación na escola e agora moitos chegan xa sabendo mover as pezas.

-Como se atopa o xadrez na actualidade?

Experimentou un gran incremento, especialmente desde a pandemia, xa que as persoas, ao estar nas súas casas, comezaron a xogar ao xadrez en liña. Ademais, a serie de Netflix 'Gambito de Dama' tamén contribuíu significativamente, tanto na popularización do xadrez como en achegalo á xente. A serie, a pesar de ser de ficción, axudou a darlle visibilidade ao deporte e a superar o estereotipo de "xogo para frikis".

-Que beneficios ten o xadrez sobre as persoas?

O primeiro de todo que é un xogo interxeracional, poden xogar e competir nenos contra maiores de igual a igual e iso acontece en poucas actividades. Ademais de que poidan xogar homes contra mulleres sen ningún tipo de restrición. É un deporte que te acompaña toda a vida sen necesidade de practicalo habitualmente.

Por outra banda, o xadrez é un deporte que axuda a mellorar as capacidades cognitivas, así como a concentración e a atención dunha persoa. Pode ser unha ferramenta para mellorar a toma de decisións e, indirectamente, ensina a organizarse e planificarse a un mesmo. Tamén xera un sentido de responsabilidade e respecto cara aos demais, especialmente cando se xoga contra un rival.

-E que vantaxes pedagóxicas ten?

Sumado ao anterior, axuda a desenvolver un pensamento lóxico-matemático, xa que ten moita relación coas matemáticas. E a desenrolar a creatividade e a imaxinación.

-Hai afección ao xadrez na Coruña?

Sempre houbo afección, pero co boom dos últimos anos o número de persoas interesadas incrementouse notablemente. Tamén nos colexios da cidade existe moito interese polo xadrez educativo. Aínda así, estamos un pouco peor que no sur de Galicia porque alí teñen máis campionatos para os rapaces, á diferenza do norte onde temos moi poucos.

Na cidade da Coruña fai anos tiñamos un campionato, o Teresa Herrera de Xadrez, pero desapareceu por falta de interese por parte das institucións públicas. Tamén hai que pensar na parte negativa do auxe do xadrez en liña, que fai que desaparezan competicións presencias e hai moito xogador que se limita ao ámbito cibernético.

-Levades ao cabo actividades para dar visibilidade ao xadrez?

A verdade é que nos dedicamos exclusivamente á Liga Galega de Xadrez e organizamos de vez en cando algún campionato interno no que participan os nosos alumnos, os seus pais e persoas vinculadas ao club.

Fai uns anos, antes da pandemia, colaboramos coas bibliotecas municipais da cidade e coa federación galega de xadrez organizando clases de iniciación

0.20240879058838