Irixoa impulsa un programa para mellorar as habilidades dixitais da veciñanza

O Concello de Irixoa, en colaboración coa Cruz Vermella, poñerá en marcha o programa Reto Rural Dixital, unha iniciativa dirixida a fortalecer as competencias dixitais da poboación local.
A través destes cursos, as persoas participantes aprenderán a manexar dispositivos electrónicos, comunicarse en liña, realizar xestións e compras por internet, entre outras habilidades. As sesións terán lugar os luns e xoves, a partir de setembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse chamando ao 981 793 001, acudindo aos Servizos Sociais de Irixoa, ou contactando coa Cruz Vermella no 981 22 10 00 (ext. 38262).