Irixoa celebrará a Festa de Reis no polideportivo municipal con xogos, obradoiros e chocolate con roscón

ACoruñaXa
A cita será o luns 5 de xaneiro, de 16.30 a 20.00, e inclúe inchables e a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente
VILASANTAR vista reis magos (1)
2 Jan 2026

O Concello de Irixoa prepara unha tarde especial para recibir aos Reis Magos de Oriente coa Festa de Reis 2026, que se celebrará o luns 5 de xaneiro no Polideportivo Municipal. O programa desenvolverase entre as 16.30 e as 20.00 horas e está pensado para que as nenas e nenos poidan agardar a chegada das Súas Maxestades cunha xornada chea de actividades.

Durante a tarde haberá inchables, obradoiros e xogos, nun formato festivo para público infantil e familiar. Ademais, o Concello anuncia que non faltará a merenda, con chocolate con roscón, antes do encontro cos Reis Magos, que visitarán o recinto para saudar á cativada e compartir con ela un dos momentos máis agardados do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.077719926834106