Irixoa anuncia as postais gañadoras do VIII Concurso de Nadal

ACoruñaXa
O xurado elixiu as creacións de Samuel Vázquez, Hugo Barallobre, Valentina Vázquez e Emma Pérez como vencedoras nas catro categorías por idades
IRIXOA postais nadal
12 Dec 2025

O Concello de Irixoa deu a coñecer as postais gañadoras do VIII Concurso de Postais de Nadal, tras a reunión do tribunal cualificador o pasado 4 de decembro. O certame, dirixido a nenos e nenas do municipio, premiou a creatividade e a imaxinación das propostas presentadas en cada unha das categorías por idades.

Na categoría de 3 a 5 anos, o premio recaeu en Samuel Vázquez Martínez, de 3 anos. Na categoría de 5 a 8 anos, o xurado destacou a postal realizada por Hugo Barallobre Pérez, de 6 anos. En 9 a 11 anos, a gañadora foi Valentina Vázquez Martínez, de 9 anos. Finalmente, na categoría de 12 a 14 anos, resultou elixida a creación de Emma Pérez López, de 13 anos.

Desde o Concello felicitan a todos os participantes e trasladan a súa noraboa aos nenos e nenas premiados, salientando a elevada calidade das obras presentadas e o entusiasmo coa que cada ano as familias e a comunidade escolar se implican neste concurso que xa se converteu nun clásico do Nadal en Irixoa.

⚙ Configurar cookies
0.076646089553833