Irixoa acolle unha xornada sobre experiencias interculturais e interxeracionais de mulleres no rural

ACoruñaXa
O encontro, organizado por Arquitectura Sen Fronteiras, contará coa presenza de lideresas comunitarias de Guatemala e El Salvador
IRIXOA arquitectura
Imaxe dunha edición anterior celebrada en A Coruña
6 Nov 2025

A Biblioteca Municipal de Irixoa acollerá o vindeiro xoves 20 de novembro, ás 16.30 horas, a xornada Experiencias interculturais e interxeracionais de mulleres no rural, unha actividade aberta a toda a veciñanza que busca poñer en valor o papel das mulleres na construción e fortalecemento das comunidades rurais.

O evento, promovido por Arquitectura Sen Fronteiras, pretende ser un espazo de encontro para compartir saberes, experiencias e fortalezas, destacando a importancia da cooperación e da diversidade cultural. A sesión contará coa participación de lideresas comunitarias procedentes de Guatemala e El Salvador, que achegarán as súas vivencias e perspectivas sobre o desenvolvemento sostible e a igualdade de xénero nos seus territorios.

⚙ Configurar cookies
0.076924085617065