Invístense 1 millón de euros nos 128 clubs deportivos da provincia que participan en competicións

ACoruñaXa
Os clubs seleccionados participarán en competicións do máis alto nivel en todas as especialidades deportivas co apoio económico da Deputación
Imaxe de Antonio Leira, deputado de Deportes, nunha visita ao CRAT Rugby da Coruña
26 Mar 2024

A Deputación da Coruña destinará 1.012.078 euros a apoiar aos clubes deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada este martes no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 128 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras sete axudas, por importe de 34.098 euros, están condicionadas á achega de documentación complementaria.

Entre as subvencións de maior importe destacan as do Club Viaxes Amarelle de fútbol sala feminino (37.005 euros), que participan na primeira división nacional, a Escola Basket Xiria (30.865 euros) e o Club Baloncesto Culleredo (30.865 euros) que participan na Liga EBA de baloncesto, a S.D. Compostela (25.339 euros), que participa na 2ª división RFEF masculina ou O Parrulo Fútbol Sala (23.190 euros), que participa na 2ª división da liga de fútbol sala.

O deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte nacional”.

 

0.17873883247375