Intervención de seguridade en Paderne tras derrubamento dunha vivenda

No lugar de Porto de Abaixo, na parroquia de San Pantaleón das Viñas, rexistrouse o derrubamento dunha parte dunha vivenda, motivo polo cal se activou un operativo de seguridade para protexer ás persoas que circulan pola vía próxima. O alcalde de Paderne, Sergio Platas, xunto co arquitecto municipal, visitaron o lugar onde os bombeiros provinciais estaban a colocar a sinalización necesaria para regular o tráfico e evitar riscos.
O Concello de Paderne solicita aos veciños e visitantes que redobren a precaución ao pasar pola zona afectada, mentres se realizan as tarefas de seguridade e saneamento necesarias para garantir a circulación con total normalidade o antes posible.