Inscrición aberta para a Carreira Popular do Ventorrillo o 26 de outubro en A Coruña

O barrio do Ventorrillo acollerá o domingo 26 de outubro a penúltima cita da tempada do circuíto Coruña Corre, unha carreira popular de algo máis de cinco quilómetros que combina treitos de asfalto e pistas de terra polos contornos do Ventorrillo e da Silva
A saída da proba absoluta será ás 10 00 horas no cruzamento entre as rúas Alcalde Salorio Suárez e Alcalde Jaime Hervada e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de outubro a través da web de Coruña Corre
A xornada incluirá tamén probas para categorías inferiores desde sub-18 ata os máis pequenos con saídas graduais entre as 11.15 e as 12.30 horas e percorridos adaptados por idades para facilitar a participación das rapazas e rapaces
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a participar á cidadanía e lembrou que a última proba do circuíto celebrarase en novembro no barrio de Novo Mesoiro, polo que esta carreira entra xa na recta final da tempada
Na páxina de Coruña Corre pódese consultar toda a información sobre servizos para participantes como recollida de dorsais, duchas, gardarroupa e avituallamento e alí figuran as instrucións e condicións de inscrición