Inician as obras de mellora do firme na estrada DP-0905 en Paderne

O Concello de Paderne deu comezo aos traballos de reforzo e mellora do firme da estrada DP-0905, que percorre desde o quilómetro 4 ata o límite co municipio de Irixoa. A presenza de maquinaria pesada na vía obriga aos condutores a extremar a precaución durante a circulación.
En xuño de 2025, o BNG de Paderne instou á Deputación a tomar medidas urxentes neste mesmo tramo, alertando das velocidades excesivas e da falta de itinerarios peonís, especialmente para nenos e persoas maiores que se desprazan diariamente ás paradas de autobús. As peticións incluían a instalación de pasos de peóns, lombos reductorios e mellora da sinalización en cruces como o da DP-6401.
As obras actuais teñen como obxectivo reforzar o firme e mellorar a seguridade viaria para todos os usuarios desta vía provincial.