Inician as obras de construción da plataforma flotante no paseo do Parrote

ACoruñaXa
A alcaldesa Inés Rey celebra a transformación da fachada marítima, que comeza nos Cantóns e no Parrote
cantons-corunha (2)
25 Mar 2025

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, supervisou o inicio das obras da futura plataforma flotante do paseo do Parrote. No acto participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego.

Inés Rey celebrou o investimento que realizará o Goberno autonómico nesta nova instalación, nun espazo no que o Concello actuou hai tres anos, en xuño de 2022, cunha mellora do espazo, habilitando o baño. "O Parrote sempre foi a zona de baño preferida de moitos e moitas coruñesas, e por iso desde o Concello da Coruña, xa no 2021, iniciamos as xestións para habilitar o baño", indicou a alcaldesa.

Rey destacou que esta visita do presidente da Xunta á cidade coincide co inicio das obras de reurbanización dos Cantóns, que foron presentadas de maneira conxunta no seu día, sendo consideradas a fase cero da apertura do Porto á cidade. "Moi pronto os coruñeses e coruñesas poderán comezar a visualizar como será a integración porto-cidade, gañando novos espazos para a cidadanía grazas aos traballos que estamos a desenvolver nestes momentos a través de Coruña Marítima", afirmou Inés Rey, que lembrou que este martes comezan os encontros do proceso participativo do proxecto.

⚙ Configurar cookies
0.48632311820984