Inés Rey sobre a mostra de cinema por mulleres: "Estamos ante un gran festival desde unha perspectiva feminista no que poremos en valor o papel das mulleres no audiovisual"
A segunda Mostra Cinema por Mulleres A Coruña será coezou este mércores na cidade e durará ata o sábado 9 de marzo. As citas serán nos Cantones Cines, cunha selección moi variada de longametraxes nacionais e internacionais dirixidas por mulleres.
No marco da mostra, alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este xoves no Teatro Colón a II Mostra Internacional Cinema por Mulleres A Coruña. A rexedora estivo acompañada sobre o escenario por Carlota Álvarez e Diego Mas Trelles, directores do certame, e Ramón de Meer, márketing manager de Estrella Galicia.
"Estamos ante un gran festival do cinema desde unha perspectiva feminista no que poremos en valor o papel das mulleres no audiovisual", sinalou a alcaldesa. Rey fixo fincapé na necesidade de que as mulleres teñan máis peso nos postos de realización das grandes producións e puxo como exemplo a Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro por 'O Corno'. "Contaremos cunha variada selección de drama, comedia ou animación coa que queremos dar a oportunidade aos coruñeses e coruñesas de coñecer o mellor cinema actual e poñer en valor o papel da nosa cidade como capital do audiovisual galego", engadiu Rey.
Esta edición comezou no Teatro Colón cunha mesa redonda moderada por Chelo Loureiro (Ferrol, directora e produtora de cinema gañadora de catro premios Goya). Nela participaron relevantes directoras de cinema como Ángeles Huerta (A Coruña), Jaione Camborda (San Sebastián-Santiago de Compostela), Olga Osorio (Lugo) e Paula Cons (A Coruña). O obxectivo deste encontro non foi só para visibilizar o seu traballo, senón para poñer en valor o protagonismo destas profesionais no auxe da ficción audiovisual galega, con películas producidas na comunidade ou rodadas en Galicia e en galego.
Inés Rey mostrou a súa confianza en que esta Mostra Internacional Cinema por Mulleres A Coruña teña continuidade no tempo e siga medrando cunha programación máis extensa e diferentes actividades paralelas como a que tivo lugar hoxe no Teatro Colón. "Agardamos que este ciclo atope na Coruña un lugar de crecemento que nos traia moitos máis filmes e oportunidades para coñecer o talento audiovisual e o talento feminino", indicou.
Proxección de dúas películas por día
O venres 23 de febreiro ás 18.00 horas proxectarase a película de 'O Corno' e haberá un coloquio coa súa directora, Jaione Camborda. Ás 20.30 horas será a quenda de 'Plece of my heart'. O sábado 24, ás 18.00 'El mestre que va a promettre el mar' e ás 20.30, 'How to have sex'. O mércores 28 serán 'China' ás 18.00 e 'Temps mort', 20.30 as encargadas de entreter ao público nos cines Los Cantones.
O xoves 29 de febreiro ás 18.00 horas 'Creatura' e ás 20.30, 'Ha pilegesh (The Other Widow)'. O venres 1 de marzo proxectaranse 'El sueño de la sultana' ás 18.00 horas coa presenza de Chelo Loureiro e, ás 20.30 horas, 'El eco'. O sábado 2 de marzo ás 18.00 será o turno de 'La Singla' (subtitulada) e 'Slow' ´s 20.30 horas.
O mércores 6 de marzo, '20.000 especies de abejas', ás 18.00 horas e 'La memoria infinita' ás 20.30. O xoves 7, poderase desfrutar de 'Vasil' ás 18.00 horas e de 'Sluzka' ás 20.30. O venres 8 de marzo estarán na carteleira 'Las buenas compañías' ás 18.00 horas e 'Animalia' ás 20.30. Por último, o sábado 9 de marzo, '¡Salta!', presentada por Olga Osorio e ' Past lives' ás 20.30 horas.