Ignacio Picatoste asume a presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Ignacio Picatoste tomou posesión oficial como presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nun acto no que contou co apoio do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen lle trasladou as súas felicitacións e desexoulle “moito acerto nesta nova etapa ao servizo de Galicia e do conxunto da xustiza”.
Durante o evento, no que tamén estivo presente a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, Pedro Blanco reiterou o compromiso do Executivo central cunhas institucións xudiciais que actúen como garantes dunha sociedade máis segura, democrática e na que impere a igualdade entre todos os cidadáns.