Ibuprofeno Teatro trae a Arteixo o espectáculo 'Deadpan Karaoke' este venres

Este venres 25 de outubro, Ibuprofeno Teatro presentará o seu espectáculo 'Deadpan Karaoke' no Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía, ás 20:30 horas. Esta proposta cultural destaca por ser participativa e combinar elementos como o absurdo, a comedia, a música, o cine, e a sorpresa, creando unha experiencia única para todos os públicos.
Con entradas a un prezo de 4 euros e 3 euros, o acceso pode adquirirse tanto online como presencialmente o mesmo día do evento, en horario de 11:30 a 13:30 horas e dúas horas antes do comezo da función na billeteira do auditorio.