Hoxe comeza en Cambre a VII Romería Castrexo-Romana Galaicoi

ACoruñaXa
A sétima edición da Romaría Castrexo-Romana Galaicoi comeza este venres, 19 de xullo, con actividades e espectáculos para toda a familia ata o domingo, 21 de xullo
Imaxe da presentación da Galaicoi de Cambre
19 Xul 2024

Hoxe, venres 19 de xullo, dará comezo a sétima edición da Romaría Castrexo-Romana Galaicoi cunha ampla programación que se estenderá ata o domingo, 21 de xullo. Un ano máis, a temática central xirará arredor da loita entre os castrexos e os romanos.

De feito, ás 18.00 horas, está prevista a celebración da Asemblea de Clans, onde se decidirá se se irá á guerra contra os romanos. No caso de que opten pola batalla, o inicio das hostilidades será hoxe ás 19.00 horas, fronte á Casa do Concello.

Durante as tres xornadas celebraranse actividades de todo tipo, como recreacións de batallas, teatro, espectáculos de música, desfiles, concertos como o de Pelepau (venres ás 23.00 horas no castro), actividades infantís, etc.

Programa:

Venres, 19 de xullo

  • 17.30: Apertura do mercado
  • 17.45: Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
  • 18.00: Asemblea de Clans: Que veñen os romanos!
  • 18.15: Pasarrúas do Sátiro
  • 18.30: Inicio das probas dos Campionatos Castrexos para nenos
  • 18.45: Ashdrog, o libro de contos
  • 19.00: Declaración de Guerra e comezo das hostilidades
  • 19.30: Desfile de castrexos e romanos pola Galaicoi
  • 19.45: Exhibición de loitas no Campamento
  • 20.00: Armonías do Imperio. Pasarrúas musicais
  • 20.15: O Fauno chega á Galaicoi
  • 20.45: Obradoiro de ferro no Campamento
  • 21.00: A deusa protexida. Pasarrúas de animación
  • 21.45: Pasarrúas do Sátiro
  • 22.00: Desfile das tropas romanas Cohors III Lucensium con fachos
  • 22.15: Teatro. O sorteo de Cásina. Comedia de Plauto
  • 22.30: Animación musical polas rúas
  • 22.45: Lume e gloria. Espectáculo nocturno de circo
  • 23.00: Concerto de Pelepau
  • 1.00: Peche do Castromaior

Sábado, 20 de xullo

  • 11.00: Apertura do mercado
  • 11.15: Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
  • 11.30: Obradoiro de xogos romanos
  • 11.45: Inicio das probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 12.00: Escaramuza entre Castrexos e Romanos
  • 12.15: O comercio na Antiga Roma
  • 12.30: Pasarrúas do Sátiro
  • 12.30: Caupona: Degustación de pratos da época romana
  • 12.45: Continúan as probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 13.00: Desfile dos lexionarios romanos e parada na praza Europa
  • 13.15: Os músicos do Imperio
  • 13.30: Ludi romani. Gran espectáculo de circo de Roma
  • 13.45: Obradoiro de cantería no Campamento
  • 16.30: Xogos Olímpicos Castrexos. III edición
  • 17.30: Harmonías do Imperio. Pasarrúas musical
  • 17.45: Inicio das probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 18.00: Contacontos. A frauta de pan e outros contos
  • 18.15: Cerimonia relixiosa romana
  • 18.30: Bestas e outros personaxes
  • 18.45: Máis probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 19.00: Asedio e asalto ao Castromaior
  • 19.30: Animación musical polas rúas
  • 19.45: Continúan as probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 20.00: Desfile dos lexionarios romanos pola Galaicoi
  • 20.15: Sobre zancos vese o Imperio
  • 20.45: Obradoiro de madeira no Campamento
  • 21.00: O fauno mitolóxico
  • 22.00: Despedida dun guerreiro galaico
  • 22.15: Teatro. Edipo Rei. Tragedia de Sófocles
  • 22.30: Espectáculo de lume e circo
  • 23.00: Concerto musical no Castromaior
  • 1.00: Peche do Castromaior

Domingo, 21 de xullo

  • 11.00: Apertura do mercado
  • 11.15: Animación musical polas rúas
  • 11.30: Personaxes curiosos pasean por Cambre
  • 11.30: Obradoiro de xogos romanos
  • 11.45: Comezo das probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 12.00: O Fauno mitolóxico
  • 12.15: Escaramuza entre Castrexos e Romanos
  • 12.30: Caupona: Degustación de pratos da época romana
  • 12.45: Continúan as probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 13.00: Desfile dos lexionarios romanos e parada na praza Europa
  • 13.15: Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
  • 13.30: Espectáculo de circo e aéreos
  • 13.45: Obradoiro de ferro no Campamento
  • 14.00: Presentación dos gladiadores
  • 17.00: Harmonías do Imperio. Pasarrúas musicais
  • 17.15: Sobre zancos vese o Imperio
  • 17.30: Contacontos. A frauta de pan e outros contos
  • 17.45: Comezo das probas do Campionato Castrexo para nenos
  • 18.00: Desfile e loita de gladiadores
  • 18.15: Personaxes mitolóxicos
  • 18.30: Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
  • 18.45: Obradoiro de la no Campamento
  • 19.00: Última batalla no Castromaior
  • 19.45: Firma da paz e entrega da Tessera Hospitalis
  • 20.00: Pasarrúas do Sátiro
  • 20.15: Sons e personaxes da Antiga Roma
  • 20.30: Microteatro clásico. A morte dunha Vestal
  • 20.45: Obradoiro de madeira no Campamento
  • 21.00: Fin da Galaicoi
0.14072418212891