Hoxe celébrase o XXIV Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade

ACoruñaXa
Os 17 equipos participantes veñen desde Portugal e varias comunidades autónomas
Imaxe recurso de patinaxe
Imaxe recurso de patinaxe
6 Xul 2024

Oleiros convértese este sábado 6 de xullo na capital do patinaxe de velocidade. Máis de 170 patinadores procedentes de Portugal e de diversas partes de España participarán no XXIV Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade.

As carreiras celebraranse na pista de Bastiagueiro e comezarán ás 10.30 horas da mañán.

Os 17 equipos participantes veñen desde Portugal e varias comunidades autónomas. Entre eles estará o SCD Rabadeira de Oleiros, que organiza esta competición en colaboración co Concello de Oleiros.

 

0.14555501937866