Halterofilia Cambre logra dúas medallas de ouro e un bronce no Campionato Galego Absoluto 2025

ACoruñaXa
Por primeira vez desde a súa fundación en 2021, o club cambrés conseguiu subir ao podio neste certame
halterofilia-cambre
6 May 2025

O Polideportivo Campo da Serra en Narón acolleu o Campionato Galego de Halterofilia Absoluto Feminino e Masculino 2025, cunha xornada histórica para o club Halterofilia Cambre.

Por primeira vez desde a súa fundación en 2021, o club cambrés conseguiu subir ao podio nun campionato galego absoluto, acadando dúas medallas de ouro e un terceiro posto grazas ás impresionantes actuacións das súas deportistas.

Na categoría -58 quilogramos, Claudia Regueiro proclamouse campioa galega, cun rexistro de 62 quilogramos en arrancada (marca persoal), 73 quilogramos en dous tempos e un total olímpico de 135 quilogramos.

Na categoría -69 quilogramos, Noelia Bacariza tamén logrou o ouro, batendo tres marcas persoais con 78 quilogramos en arrancada, 92 quilogramos en dous tempos e un total olímpico de 170 quilogramos.

Completou o medalleiro do club Lucía Lupiañez, que obtivo o terceiro posto na categoría -63 quilogramos cunha actuación moi sólida: 67 quilogramos en arrancada, 80 quilogramos en dous tempos (marca persoal) e un total olímpico de 147 quilogramos.

Desde o club Halterofilia Cambre celebran estes resultados como un fito no seu percorrido e un impulso para seguir medrando no deporte da halterofilia en Galicia.

 

⚙ Configurar cookies
0.18378615379333