Guías de Galicia celebra este mércores na Coruña o 'Día internacional do guía turístico'

ACoruñaXa
A actividade consistirá nunha visita solidaria pola cidade ao final da cal se poderán facer doazón para a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia
Cartel da Visita Solidaria A Coruña
19 Feb 2024

Este mércores 21 de febreiro celebrase o Día Internacional do Guía Turístico e, con motivo desta celebración, a Asociación Profesional De Guías De Turismo De Galicia invita aos coruñeses e coruñesas a buscar na Praza de María Pita ás 11.00 horas o paraugas amarelo característicos dos guías turísticos. para unha actividade moi especial.

A actividade consistirá nunha visita solidaria pola cidade ao final da cal se poderán facer doazón para a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES). Dende a asociación recordan que a participación na actividade implica o consentimento para empregar as imaxes tiradas durante o percorrido coa fin de ilustrar o evento nas redes sociais da entidade.

Para participar na actividade será necesario reservar praza escribindo un correo electrónico a info@guiasdegalicia.org ou escribindo un WhatsApp ao número de teléfono 606 985 185.

0.19083094596863