Gran acollida da excursión a Lalín organizada polo Concello de Carral

Un numeroso grupo de veciños e veciñas de Carral participou, o pasado sábado, na excursión organizada polo Concello a Lalín. A actividade, que contou cunha gran acollida, permitiu aos asistentes descubrir parte do patrimonio cultural e gastronómico da zona.
Ao longo da xornada, os participantes visitaron o emblemático Pazo de Liñares, unha xoia arquitectónica con gran valor histórico. Ademais, tódolos viaxeiros e viaxeiras gozaron dun delicioso xantar no restaurante Casa do Patrón, onde degustaron a receita estrela do municipio: o cocido lalinense.
A excursión completouse cun percorrido polo Museo Etnográfico de Casa do Patrón, onde os asistentes puideron achegarse á historia e tradicións da zona, enriquecendo a súa experiencia cultural.
Dende o Concello de Carral agradécese a participación da veciñanza e anúncianse novas actividades para seguir fomentando o contacto coa cultura galega.