Goran Huskic do Básquet Coruña é o xogador Estrella Galicia de xaneiro
O pivote serbio do Club Básquet Coruña, Goran Huskic é o Xogador Estrela Galicia de Xaneiro. O xogador do conxunto laranxa recolleu esta mañá de mércores no Pavillón Municipal de Riazor o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de Xaneiro.
O xogador serbio obtén o cuarto galardón desta tempada, segundo na súa conta particular, tras alzarse como Xogador Estrela Galicia do Mes de Xaneiro, ao ser o máis votado polos afeccionados do Básquet Coruña a través das redes sociais do club. Goran superou na votación aos seus compañeiros de equipo Yunio Barrueta e a Ingus Jakovics.
O xogador do conxunto herculino deu as grazas á afección na rolda de prensa de entrega do trofeo: “Estou contento, é unha recompensa polo bo traballo que fixemos como equipo, e no meu caso, individualmente; pero hai que seguir estando centrados e ser moito mellores”.
En relación a como foi o mes de xaneiro para o equipo, Goran comentou que “foi un moi bo mes, levamos unha boa serie de vitorias e ten moito mérito. Temos que seguir indo partido a partido”.