Formoso salienta o peso estratéxico de que a provincia acolla o cumio internacional REAIM 2026

ACoruñaXa
O presidente da Deputación reuniuse co director xeral do CESTIC, José María Millán Martínez, na véspera dunha cita que se celebra hoxe, 4 de febreiro, e mañá na Coruña
DEPU CORU evento reaim
4 Feb 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho do Pazo Provincial ao director xeral do Centro de Sistemas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CESTIC), o tenente xeral José María Millán Martínez, con motivo da celebración do III Cumio Internacional sobre o Uso Responsable da Intelixencia Artificial no Ámbito Militar (REAIM 2026).

O encontro serviu como antesala do cumio internacional, que se celebra hoxe, 4 de febreiro, e mañá, 5 de febreiro, na cidade da Coruña, convertendo a capital provincial nun espazo de referencia para o debate global sobre os retos éticos, xurídicos e tecnolóxicos vinculados ao emprego da intelixencia artificial no ámbito da defensa.

Durante a reunión, Formoso e Millán trataron a relevancia estratéxica dun foro que reunirá representantes institucionais, persoas expertas a nivel internacional e responsables de defensa para reflexionar sobre o desenvolvemento e a aplicación responsable da intelixencia artificial en contextos militares.

Formoso puxo en valor que unha cita destas características se celebre na provincia e subliñou que 'que A Coruña sexa sede dun cumio deste nivel é unha mostra da súa capacidade para acoller grandes eventos e para participar activamente nos debates globais máis relevantes'.

⚙ Configurar cookies
0.079678058624268