Finalizados os traballos de mellora paisaxística na praia da Ribeira, en Miño

ACoruñaXa
O Concello de Miño vén de rematar as obras de mellora paisaxística e ambiental na praia da Ribeira, unha actuación cun orzamento de 30.000 euros financiada pola Consellería de Medio Ambiente.
melloras-praia-a-ribeira-miño
Melloras na praia da Ribeira, Miño
16 May 2025

Os traballos realizados tiveron como obxectivo a recuperación ecolóxica e paisaxística da zona. As actuacións consistiron na eliminación de especies exóticas invasoras e/ou alóctonas, a plantación de nova vexetación axeitada ao hábitat, a construción dun muro de cachotería seca, a instalación dun elemento disuasorio de madeira para evitar o paso a zonas sensibles e a colocación de sinalización informativa.

Con estas melloras, o goberno local dá continuidade á súa firme aposta pola conservación do patrimonio natural, así como pola posta en valor dos espazos costeiros para o goce de veciñanza e visitantes. A praia da Ribeira é un dos principais enclaves turísticos do municipio e vén de revalidar a Bandeira Azul, recoñecemento que certifica a calidade das súas augas, servizos e xestión ambiental.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, amosou a súa satisfacción pola execución desta actuación, que “contribuirá a mellorar a contorna da Praia da Ribeira, apostando polo respecto ao medio ambiente e por unha integración harmoniosa coa paisaxe”.

⚙ Configurar cookies
0.16019988059998