Finaliza a Liga de Peñas de Betanzos coa emoción da Copa e recoñecementos aos mellores

ACoruñaXa
O concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, estivo presente para acompañar e felicitar aos participantes deste torneo
penhas-betanzos
22 Jul 2025

A Liga de Peñas de Betanzos pechou a súa tempada coa celebración da gran final da Copa, na que a Peña Cis se proclamou campioa despois dunha emocionante tanda de penaltis contra o Loureda. O concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, estivo presente para acompañar e felicitar aos participantes deste torneo.

Ademais do triunfo na Copa, durante o acto tamén foron recoñecidos os campións da Liga: a Peña Magdalena recibiu a homenaxe por lograr o título ligueiro, mentres que a Peña Cis foi distinguida como subcampioa. Noutra categoría, a Peña Muiño Roxo foi premiada co trofeo ACEBE á deportividade, un galardón que destaca o espírito deportivo durante toda a competición.

Tamén recibiron recoñecementos especiais o equipo arbitral e os xogadores que sobresaíron pola súa traxectoria durante a tempada. O trofeo ao máximo goleador recaeu en Gabriel Rumbo, da S.D. Centro, mentres que Gonzalo Buyo Espada, da Peña Magdalena, foi premiado como porteiro menos batido.

Con estes recoñecementos e unha final chea de intensidade, a Liga de Peñas de Betanzos pecha unha nova edición chea de emoción e bo deporte, coa vista posta xa na próxima tempada.

 

⚙ Configurar cookies
0.20683598518372