FEAFES Galicia entrega os Premios EMPRÉGANOS a empresas comprometidas coa saúde mental

ACoruñaXa
Os galardóns recoñecen ás empresas e entidades que favorecen a inserción laboral
feafes-galicia
12 Feb 2025

Saúde Mental FEAFES Galicia entrega os Premios EMPRÉGANOS, que recoñecen ás empresas e entidades que favorecen a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental. O evento, que terá lugar no Centro Municipal de Emprego da Coruña ás 17.30 horas, contará cunha ampla participación, estimándose máis de 100 asistentes, entre os que se inclúen autoridades locais, representantes do sector empresarial e membros de Saúde Mental FEAFES Galicia.

Neste acto, entregaranse premios en seis categorías: Empresa Colaboradora, Empresa Contratante, Empresa de Formación, Emprego Protexido, Entidade Colaboradora e Persoa Referente. Ademais, tamén se fará un recoñecemento a todas as empresas que, de maneira activa, colaboran na mellora da empregabilidade das persoas con problemas de saúde mental na cidade e arredores.

Saúde Mental FEAFES Galicia traballa desde 2002 para mellorar as posibilidades de emprego deste colectivo. A organización quere, deste xeito, agradecer e recoñecer o esforzo de todos os axentes sociais e económicos que contribúen a mellorar as condicións de vida das persoas con problemas de saúde mental a través da inserción no mercado laboral.

No acto estarán presentes autoridades como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa Domínguez; e o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, entre outros.

0.13951086997986