Éxito de participación no Entroido de Curtis e Teixeiro, con máis de 200 persoas inscritas no concurso de disfraces

ACoruñaXa
O Concello destaca o alto nivel das propostas, con moitas creacións feitas na casa e con materiais reciclados, e repartiu premios en vales para consumir no comercio e na hostalaría locais
CURTIS entroido 2026
18 Feb 2026

O Entroido volveu encher de cor e ambiente o Recinto Feiral de Curtis e o pavillón municipal de Teixeiro nunha xornada marcada pola música, as risas e a creatividade. O Concello fixo un balance moi positivo da celebración e subliñou tanto a resposta do público como o ‘altísimo nivel’ dos disfraces presentados, moitos deles de elaboración propia e cun uso moi orixinal de materiais reciclados.

No concurso houbo máis de 200 persoas inscritas e o xurado puxo o acento na orixinalidade e na vistosidade das propostas. Os premios entregáronse en forma de vales de compra para gastar en establecementos do municipio, co obxectivo de que a festa tamén repercuta na economía local.

En canto aos gañadores, na localidade de Curtis o primeiro premio na categoría de maiores foi para o disfraz ‘Leprosos’, mentres que en Teixeiro o máximo galardón recaeu en ‘Familia Peppa Pig’. No concurso infantil destacaron, entre outros, ‘Xogos Olímpicos Río de Janeiro’ (en Curtis) e ‘Isabel Pantoja de permiso’ (en Teixeiro), ademais doutras propostas individuais recoñecidas polo xurado.

Desde o Concello felicitaron ás persoas premiadas e agradeceron a participación de todas as familias e grupos que se sumaron á celebración, reivindicando que ‘Curtis e Teixeiro son puro Entroido’.

⚙ Configurar cookies
0.079154968261719