Éxito da segunda marcha nórdica de Curtis

ACoruñaXa
Nesta ocasión a ruta fíxose polo camiño vello de Santaia
Imaxe da actividade de marcha nórdica de Curtis
23 Abr 2024

O Concello de Curtis organizou unha nova marcha nórdica. Do mesmo xeito que o 5 de abril, o pasado venres 19 de abril preto de 20 persoas disfrutaron dunha xornada de marcha nórdica. Nesta ocasión a ruta fíxose polo camiño vello de Santaia.

Unha actividade organizada dende a Área de Deportes e Saúde do Concello de Curtis
co obxectivo de recibir consellos sobre esta técnica, mellorar a saúde cardiovascular, fortalecer os músculos e pasar bos momentos entre a veciñanza. A clase foi impartida pola Agrupación de Montañeros Independientes e Salud y Deporte.

0.17192482948303