Excursión a Valença do Minho e á Fortaleza desde Santa Cruz o 8 de outubro por 25 euros

ACoruñaXa
A A.VV. Santaia organiza a viaxe con saída ás 8.00 desde a parada xunto á Cervexaría Lord
SADA viaxe portugal
30 Sep 2025

A Asociación Veciñal Santaia de Santa Cruz promove unha excursión a Valença do Minho (Portugal) e á súa Fortaleza o mércores 8 de outubro. O autobús sae ás 8.00 da parada situada xunto á Cervexaría Lord. O prezo é de 25 euros por persoa e inclúe a viaxe en autocar; o xantar corre por conta de cada quen.

As inscricións formalízanse no Centro Cívico de Santa Cruz (r/ Ricardo Cubeiro) en horario de atención ao público, de 17.00 a 19.00, de luns a venres, ata o venres 3 de outubro. Para máis información, pódese consultar as redes sociais da A.VV. Santaia ou escribir a avvsantaia@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.088286161422729