Estrea histórica do alevín feminino do Alameda Xarío FS ante outro equipo feminino

ACoruñaXa
O conxunto de Miño disputou o seu primeiro partido contra unha formación feminina, nunha xornada de convivencia
MIÑO futbol femenino
12 Jan 2026

O fútbol sala base de Miño viviu unha mañá especial no marco dunha xornada organizada polo Alameda Xarío FS, na que participaron tamén os clubs Lago, Troula e Libunca. Máis alá do ambiente festivo e da convivencia entre equipos, o encontro deixou unha imaxe que o club cualifica de paso adiante cara ao futuro: o alevín feminino do Xarío xogou por primeira vez un partido contra outro equipo integrado por rapazas.

O debut produciuse fronte ao alevín feminino do Lago e supón, segundo destaca a entidade, un fito para seguir abrindo camiño e consolidar a presenza do fútbol sala feminino na base do concello. Desde o club subliñan que esta estrea é motivo de orgullo e unha mostra de que o proxecto medra.

A xornada rematou coa entrega de medallas, na que participou o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, ao que o club agradeceu o seu apoio ao deporte base. O Alameda Xarío FS tamén recoñeceu publicamente a colaboración do seu patrocinador de base, Hermanos Porto de Paula, ao que lle fixeron entrega dunha sudadeira como xesto de agradecemento. Como peche, realizouse o sorteo dunha cesta de Nadal entre as persoas asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.086584091186523