Estos son os gañadadores do Certame Literario Xoán Díaz de Cambre
O Certame Literario Xoán Díaz sitúase, un ano máis, como unha plataforma para descubrir talentos e para dar voz aos pensamentos, soños e historias das novas xeracións. Trátase dunha premisa que quedou clara, esta mañá, coa entrega dos galardóns ás novas promesas da narración e da poesía, que recaeron nas mans de rapaces e rapazas de entre 12 e 30 años.
Tras a deliberación do xurado, foron sete os premios que se entregaron nesta edición:
Poesía:
Categoría A (de 12 a 14 anos)
1º premio: Noa Pardo Buenestado – A viaxe...
Categoría B (de 15 a 18 anos)
1º premio: Mencía Jorge Cabaleiro – Bolboretas
Categoría C (de 19 a 30 anos)
1º premio: Jorge Carril Espido – Salterío de sobrado
Narración:
Categoría A (de 12 a 14 anos)
1º premio: Patricia Real Romero – O recuncho dos recordos
2º premio: Vera Castro González - Reflexo
Categoría B (de 15 a 18 anos)
1º premio: Elba Fraga Rivas – O feitizo de Cambre
Categoría C (de 19 a 30 anos)
1º premio: Ana Couto Caneda – Adiante
A iniciativa está organizada polo Concello e o IES David Buján e Afonso X O Sabio. Este último centro acolleu, precisamente, o acto, que incluíu non só a propia entrega, senón tamén lecturas das obras premiadas e música a cargo do coro, do grupo de folclore do Afonso X e de Alberto Barreiro. No evento estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, David Saborido, e a directora do IES Afonso X O Sabio, Belén Vidal, e o director do David Buján, Ricardo Rodríguez.