Este luns comeza o ciclo de cine 'Mulleres' na Afundación liderado por 'Maixabel'
Afundación da Coruña abre ese luns o ciclo de cine 'Mulleres' conformado por filmes nas que as temáticas, transversais e universais, son tratadas desde o punto de vistas das mulleres e nas que, nesta ocasión, se retratan as vidas de Maixabel Lasa, Fabienne Dangeville e Fern nas producións 'Maixabel', 'La verdad' e 'Nomadland'.
A primeira proxección será o vindeiro luns 18 de marzo, a partir das 19.00 h, coa película 'Maixabel' (Icíar Bollaín, 2021). Maixabel Lasa perde no ano 2000 ao seu marido, Juan María Jáuregui, asasinado por ETA. Once anos máis tarde, recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu entrevistarse con ela no cárcere de Nanclares da Oca (Álava), na que cumpre condena tras romper os seus lazos coa banda terrorista. A pesar das dúbidas e da inmensa dor, Maixabel accede a atoparse cara a cara coas persoas que acabaron a sangue frío coa vida de quen fora o seu compañeiro desde os dezaseis anos. Goya á mellor actriz, mellor actor de reparto e mellor actriz revelación.
As seguintes proxeccións serán o día 8 de abril con 'Nomadland' (Chloé Zhao, 2020) e o 22 de abril con 'La verdad' (Hirokazu Koreeda, 2019).
O ciclo de cinema enmárcase na iniciativa solidaria 'Cultura por alimentos' que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. O acceso a cada unha das sesións de cinema será a cambio da entrega de produtos non perecedoiros, coa suxestión de achegar nesta ocasión conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís.