Este luns comeza a 37º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia na Coruña

ACoruñaXa
A partir do mércores 7 comezan os concertos nos escenarios da cidade, con Xoel López, Crystal Fighters ou Vetusta Morla na praia de Riazor
programa festival noroeste estrela galicia
5 Aug 2024

A Coruña inicia hoxe a 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, un evento cultural de referencia no noroeste peninsular. O festival, que se consolida como unha das citas máis agardadas do ano en Galicia, ofrece un variado programa que combina música e artes escénicas.

Nesta edición, o festival dá un importante paso ao incorporar as artes escénicas, cunha programación que inclúe as novas liñas “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste”. A primeira xornada estará protagonizada por espectáculos de narración oral e música destinados ao público infantil e as súas familias.

Hoxe, ás 19.00 horas, na Praza de Vigo, a narradora Vero Rilo xunto co músico Luis Iglesias, abrirán a sección “Noroestiño” co espectáculo "CACHO ANIMALADA!", unha sesión pensada para entretener aos máis pequenos e ás súas familias.

Ao mesmo tempo, Avelino González dará inicio á sección “Contos ao Noroeste” tamén ás 19.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez. O espectáculo de Avelino González, que mestura narración oral, teatro e humor, ofrecerá un enfoque innovador sobre historias de amor.

Ambos espectáculos son de balde e abertos a todos os públicos. A programación completa do festival continuará ao longo da semana con numerosos concertos e eventos en distintos escenarios da cidade, facendo desta edición unha celebración ampla e diversa da cultura.

Programación completa do Festival Noroeste Estrella Galicia por localizacións, días e horas

 A partir do mércores comezan os concertos nos diferentes escenarios repartidos pola cidade.

Mércores 7 - Diferentes localizacións

13.00 h - Hormigonera (Campo da Leña)

14.00 h - Travis Birds (Praza da Azcárraga)

19.30 h - Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón)

20.00 h - Patax (Praza da Azcárraga)

20.30 h - Tiburona (Campo da Leña)

21:00h - Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón)

21.00 h - Lura (Santa Margarida)

22.00 h - Zënzar (Campo da Leña)

22.00 h - Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga)

22.45 h - Salif Keita (Santa Margarida)

23.30 h - Meu (Campo da Leña)

00.00 h - Terrae (Santa Margarida)

00.30 h - Martha High (Praza da Azcárraga)

Xoves 8 - Diferentes localizacións

13.00 h - Lemot (Campo da Leña)

14.00 h - Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)

19.30 h - Trío da Kali (Castelo de San Antón)

20.00 h - Virgina Red (Praza da Azcárraga)

20.30 h - Zalomon Grass (Campo da Leña)

21.00 h - Lapido (Castelo de San Antón)

  1. 00 h - Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)

22.00 h - Kamikaze Helmets (Campo da Leña)

22.30 h - Imägo (Praza da Azcárraga)

22.45 h - Bcuc (Santa Margarida)

23.30 h - Repion (Campo da Leña)

00.30 h - Chambao (Santa Margarida)

00.30 h - Soul Teller (Praza da Azcárraga)

Venres 9 - Praia de Riazor

21.15 h - Fillas de Cassandra

22.30 h - Xoel López

00.30 h - Crystal Fighters

Sábado 10 - Praia de Riazor

21.00 h - Triángulo de Amor Bizarro

23.00 h - Vetusta Morla

01.00 h - The Rapants

Programación de balde

  • AVELINO GONZÁLEZ - 5 de agosto, ás 19.00 h - Praza de Vigo
  • ROI DA COSTA - 6 de agosto, ás 19.00 h - Praza do Humor
  • BEA CAMPOS - 7 de agosto, ás 19.00 h - Praza das Bárbaras
  • PEPO SUEVOS - 8 de agosto, ás 19.00 h - Praza de Pontevedra
  • ATENEA GARCÍA - 9 de agosto, ás 19.00 h - Praza de Vigo
  • LETI DA TABERNA - 10 de agosto, ás 13.00 h - Praza do Humor
  • CELSO SANMARTÍN - 10 de agosto, ás 19.00 h - Praza do Humor
  • MARITA MARTÍNEZ - 11 de agosto, ás 13.00 h - Praza de Pontevedra

Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e Lucía Veiga

  • Domingo 11 de agosto - 20.00 h - Parque de Santa Margarita
0.15996408462524