Este domingo chega a Sada a Copa Deputación de Balonmán na Rúa
A pista de balommán instalada na praza Irmáns Suárez Picallo, no paseo marítimo de Sada, acolle durante esta fin se semana os partidos da Copa 5x5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.
O evento, que se celebra en Sada tras o seu paso pola cidade da Coruña e o concello de Negereira, recalará nun total de sete concellos da provincia. O ciruíto contará coa participación de máis de 1.600 deportistas e pretende achegar o deporte do balonmán a todos os públicos e favorecer a práctica desta disciplina deportiva.
No caso de Sada, participan un total de 24 equipos e preto dun centenar de nenos e nenas, a maioría deles da localidade.
Nos lugares seleccionados disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.
A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e nalgunhas sedes incluso un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas son os protagonistas.
O deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, participará o domingo 19 de maio, ás 19.45 horas, no acto de entrega de medallas e trofeos aos gañadores do evento de Sada. O circuíto continuará ata finais de xuño nos concellos de Zas, Oroso, Cedeira e Ribeira.