Esta noite dá comezo o horario de inverno co atraso dos reloxos unha hora

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
O cambio no último domingo de outubro ten como obxectivo acadar un aforro enerxético e aproveitar as horas de luz natural
cambio-de-hora-veran-inverno
25 Oct 2024

Na madrugada de hoxe, sábado 26, ao domingo 27 remata o horario de verán para dar comezo así ao de inverno. Así, terase que atrasar o reloxo ás 3 da madrugada para poñer as 2, polo que esa noite gañarase unha hora máis de sono.

Desta forma, o cambio no último domingo de outubro ten como obxectivo acadar un aforro enerxético e aproveitar as horas de luz natural. Os cambios de hora prodúcense dúas veces ao ano, unha en marzo e outra agora, en outubro.

Desde fai varios anos hai un debate na Unión Europea sobre si a medida é realmente útil. Chegouse a falar que sería o último con este cambio, pero aínda non hai nada decidido.

En todo caso hai administración que sinalan que hai mellores solucións para que o consumidor e as empresas aforren en electricidade en pleno século XXI. Hai argumentos tanto en contra como a favor de seguir cambiando a hora dúas veces ao ano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16587400436401