Eric Hidalgo pon ritmo aos 'Domingos de baile' en Tabeaio

O Concello de Carral retoma este domingo 23 de novembro o ciclo 'Domingos de baile' no Local Xente Nova de Tabeaio, cunha nova actuación de Eric Hidalgo. A xornada, pensada para pasar unha tarde diferente en familia ou entre amizades, desenvolverase entre as 17.30 e as 20.30 horas.
Durante máis de tres horas, o público poderá gozar dun repertorio marcado polos ritmos bailables e participativos, cun formato aberto no que se anima á xente a saír á pista e compartir baile ao son da música en directo.
A entrada é de balde ata completar aforo, polo que desde o Concello recoméndase achegarse con algo de antelación. Co programa 'Domingos de baile', Carral busca ofrecer alternativas de lecer de proximidade para todos os públicos, dinamizando ao mesmo tempo a vida social nas parroquias do municipio.