Entregáronse máis de 2000 euros en premios no concurso de disfraces de Carral

ACoruñaXa
No municipio festexaron o Entroido por todo o alto con desfile e diferentes categorías no concurso
Carral-4
3 Mar 2025

Carral festexou o seu Entroido por todo o alto cun concurso e dun desfile de disfraces no que se repartiron máis de 2.000 euros en premios.

Celebrouse este domingo 2 de marzo, tanto polas rúas do municipio como no Complexo Deportivo de Paleo. O Concello organizou, entre outras actividades, un concurso con diferentes categorías: infantil (para nenos e nenas de 0 a 11 anos), individual e por parellas (para maiores de 12 anos), comparsas e comparsas con carroza.

Repartíronse máis de 2.000 euros en premios entre todas as categorías. No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras.

Desde o Concello de Carral agradecen a súa colaboración tanto “a Protección Civil de Carral, Emerxencias Carral, Garda Civil, ás persoas que integran o xurado e a todas e todos os participantes polo seu comportamento exemplar, gozando unha vez máis dunha marabillosa tarde dunha das festas máis senlleiras da nosa comunidade”.

⚙ Configurar cookies
0.80824780464172