Elixida a listaxe que conformará o novo Consello Local do BNG na Coruña

ACoruñaXa
A estes membros electos pola Asemblea Local vaise unir a persoa que designe a organización coruñesa de Galiza Nova
BNG-Coruña-local-2025
23 Jan 2025

Unha participativa asemblea Local do BNG elixiu por unanimidade a listaxe de catorce persoas que van conformar o novo Consello Local da formación nacionalista na cidade. A candidatura volve estar encabezada como responsábel local por Ignacio Siota.

“Como no resto do país, o BNG está en alza na cidade e constitúese como unha clara alternativa de goberno”, afirma Siota, coruñés de 31 anos e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía,, quen estará acompañado no Consello Local por Keina Espiñeira, Jorge Castro, Guadalupe Martínez, Xabier Pérez Couto, Andrea Ramos, Raimundo Martínez, Mercedes Queixas, Francisco Jorquera, Isabel Risco, Fran Rei, Avia Veira, Isidro Daviña e David Soto.

A estes membros electos pola Asemblea Local vaise unir a persoa que designe a organización coruñesa de Galiza Nova.

Con esta elección fica completo na cidade o proceso de renovación de órganos aberto pola Asemblea Nacional do BNG que o pasado 1 de decembro reelixiu Ana Pontón como líder da organización.

0.16905117034912